As adegas da D.O. Rías Baixas superan o ecuador da vendima con 28 millóns de quilos de uva recollidos

PORTAS> A D.O. Rías Baixas supera o ecuador da vendima con 28 millóns de quilos recollidos. As adegas xa traballan a pleno rendemento para rematar a recollida das variedades brancas a finais desta semana. A previsión é que a colleita supere os 43 millóns de quilos de uva.

O comezo da vendima veu con problemas debido as condicións climatolóxicas. Pero unha vez rematadas as choivas, os ceos despexados favoreceron a que as adegas puxéranse en pleno rendemento na colleita da uva. As adegas da D.O. Rías Baixas superan xa o ecuador da vendima con 28 millóns de quilos recollidos. Unha delas é Viña Almirante que se atopa nos últimos días de vendima.

A adega rematará a vendima máis rápido que noutras ocasións, a pesar de estar situada no interior e non na costa. Isto é debido á boa organización e planificación realizada.

E como era previsto, a colleita é abundante e de gran calidade.

A previsión da D.O. é que a colleita supere os 43 millóns de uva. As 179 adegas que traballan nesta vendima recollen agora a uva branca, unha vez rematada esta variedade, comezará a recollida da uva tinta.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí