Fronte común da oposición contra o sistema de radar móbil da Pobra

    POBRA> Continúa a polémica na Pobra pola contratación dun radar móbil que cursou xa numerosas denuncias por infraccións de tráfico. Os veciños afectados teñen previsto recorrer as multas conxuntamente. Mentres, os partidos da oposición denuncian presuntas irregularidade neste sistema de control, algo que o executivo nega rotundamente. As queixas en materia de seguridade viaria levaron ó concello a adoptar unha serie de medidas para minimizar as infraccións. Ademais da instalación de cámaras nos semáforos, o executivo procedeu á contratación dun radar móbil xestionado por unha empresa privada que nos últimos meses xa sancionou a numerosos condutores. Os partidos da oposición e outras iniciativas cidadás, lonxe de apoiar a iniciativa do goberno, ven nestas medidas un afán recadatorio e poñen en dúbida a legalidade do sistema de sancións. Dende Nós Pobra piden que se publicite o contrato xa que consideran que se está a privatizar un servizo que debería ser público polo que debería ter saído a concurso en aras de favorecer a transparencia municipal. O executivo defende a total legalidade do sistema tal e como xa lle ten informado o secretario municipal ós voceiros da oposición. O alcalde critica a actitude destes grupos políticos que respaldan ós infractores en lugar de condenar as actitudes temerarias ó volante. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/06/polemicaradartraficomultaspobra0603151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/06/polemicaradartraficomultaspobra060315.mp4{/flowplayer}