Un ribeirense sálvase no incendio dun pesqueiro no Pacífico

    Un ribeirense entre os trece tripulantes que se salvaron no incendio dun pesqueiro que traballaba na pesca de peixe espada no océano Pacífico. Trátase do palangreiro Guariste un, con porto base en Vigo. Atopábase a 840 millas ó suroeste de Lima cando se rexistrou o incendio, arredor das seis e cuarto da madrugada hora española. Os trece tripulantes saltaron ó mar en lanchas salvavidas e foron rescatados por outro pesqueiro español con base na Guarda, Pontevedra. O xefe de máquinas do buque incendiado non puido salvarse á vez que a tripulación ó quedar atrapado na sala de máquinas. Permanece desaparecido.