O BNG da Pobra combina experiencia e renovación na súa lista

    POBRA> O BNG da Pobra desvelou os nomes que acompañarán a Ramiro Ouviña na lista dos nacionalistas pobrenses para as municipais. Os actuais concelleiros, Cristina Andrade e Manel Casal, mantéñense nos postos de saída, Pola contra, Amparo Cerecedo, Severino Romero e Rosana Pérez pechan a lista de titulares. A lista presentada polo BNG da Pobra para as vindeiras municipais combina renovación e experiencia a partes iguais. Xunto o cabeza de lista Ramiro Ouviña figuran en segundo e terceiro lugar, os actuais concelleiros Cristina Andrade e Manel Casal. Tan só estes dous edís repiten nos postos de saída xa que Amparo Cerecedo e Severino Romero acompañan á ex candidata Rosana Pérez pechando a lista. Nos postos intermedios destaca a renovación encarnada por Ana Rosa López Davila, Manuel Fernández Fernández, Raquel Hermo Olveira, Ramón Miguéns Romero, Carla Brión Fernández, Manuel Paredes Parada e Isabel García Alfonso, nomes saídos do proceso de asembleas abertas desenvolvido polo partido. Precisamente no acto de presentación ó que asistiron un cento de militantes e simpatizantes deuse conta da importancia da renovación como factor ilusionante para afrontar a loita pola alcaldía. Tamén houbo palabras de agradecemento para os concelleiros saíntes e a anterior candidata polo gran labor realizado durante décadas á fronte da agrupación recollido nun video que se proxectou ó principio do acto. Os nacionalistas da Pobra estiveron acompañados polos compañeiros de filas da comarca. O alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, participou no acto lembrando a presenza do BNG en tódalas causas que preocupan á cidadanía. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/09/presentacioncandidaturabngpobra0903151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/09/presentacioncandidaturabngpobra090315.mp4{/flowplayer}