Ribeira ensalzará o labor cultural do seu tecido asociativo ó longo do mes de xuño

RIBEIRA> Arranca en Ribeira a novena edición do Xuño da Cultura e das Artes. Xunto con numerosas entidades asociativas do municipio, o concello deseñou un amplo programa composto por música, teatro, baile, literatura e todo tipo de actividades para exaltar a nosa cultura.

Ribeira encara o mes de xuño con alomenos unha actividade cultural cada día. A Concellería de Cultura deseñou un amplo programa para poñer en valor o traballo do tecido asociativo do municipio en colaboración con diversas entidades.

Música, baile, teatro, literatura compoñen o groso dunha programación que bsica exaltar as nosas raíces. Destacan, entre outras actividades, a entrega do premio de Novela Curta Cidade de Ribeira así como os actos solidarios como a andaina do camiño a favor da Cruz Vermella ou a travesía a Nado Illa de Rúa da AECC.

O acto institucional de peche terá lugar o venres 30 de xuño no auditorio coa entrega de agasallos conmemorativos a tódalas entidades participantes e a actuación do grupo de canto e pandeireta ‘As 7 linguas’ da asociación Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí