O Concello de Pontevedra saca “tarxeta vermella” á violencia de xénero

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra saca tarxeta vermella á violencia de xénero. O fai cun novo proxecto dirixido aos estudantes de Secundaria do municipio e que pretende converterse nunha ferramenta de prevención.

Ensinar aos estudantes pontevedreses a distinguir os abusos e condutas que reflicten sinais de alarma da violencia machista. Ese é o obxectivo deste proxecto. Unha iniciativa da Concellería de Igualdade de Pontevedra que comezou no mes de febreiro pero que tivo que ser modificada pola crise sanitaria do Covid-19.

A Concellería de Igualdade distribuirá este vídeo nos diferentes centros educativos do municipio. Nel hai unha escaleira onde se van explicando os diferentes grados de violencia machista. Dende un abuso ambiental, pasando por chantaxes emocionais, abusos psicolóxicos ou ameazas e rematando co emprego da violencia física.

Con este vídeo o goberno municipal busca que o alumnado poida detectar os sinais de alarma no seu contorno máis próximo e así poder levantar a tempo a tarxeta vermella.