O concello da Pobra reforza as axudas escolares neste curso

A POBRA> O concello da Pobra aumentou as axudas educativas para o presente curso. Ademais das subvencións directas para os gastos de comedor e material, contratáronse cinco monitoras para reforzar os servizos de Madruga e apoio ó comedor en varios centros.

O executivo pobrense continúa, neste curso, coa súa política de promoción da conciliación e acceso á educación en igualdade de condicións. Para isto, procedeu ó refozo de diferentes prestacións como a contratación de cinco monitoras para o serizo de Madruga e comedor en varios centros.

Tamén se incrementaron as axudas á escolarización destinadas a sufragar os gastos de adquisición de material escolar e de comedor.

Neste curso foron aceptadas 34 solicitudes das  38 presentadas. Quedaron excluídas aquelas que superaban o baremo económico.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí