Terceira xornada de protestas veciñais contra os abusos das entidades bancarias

PONTEVEDRA> A Federación de Asociacións de Veciños Castelao continúa coa súa cruzada contra os bancos. Este mediodía volveron concentrarse para protestar diante dunha sucursal. Desta volta, foi na que o BBVA ten na rúa Gutiérrez Mellado. Critican especialmente a decisión da Xunta de subvencionar a instalación de caixeiros naquelas localidades que non contan con ningunha oficina.

A Federación de Asociacións de Veciños Castelao mantén as súas protestas contra os abusos bancarios. Este mediodía concentráronse diante da sucursal que o BBVA ten na rúa Gutiérrez Mellado, no centro de Pontevedra.

Critican que esta substitución de oficinas e persoal por caixeiros automáticos repercute tamén no cliente, que ve como empeora o servizo que recibe. Mentres a banca volve ser a gran beneficiada.

Redúcese o persoal pero, aseguran, o que non baixan son as comisión bancarias. Aseguran que moitas incrementáronse ata nun 100%.

Dende o movemento veciñal de Galicia xa anunciaron un paso máis aló e solicitaron unha entrevista co gobernador do Banco de España para intentar mudar a situación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí