O barrio de Cimadevila, en Boiro, contará a partir da próxima semana cun mural denominando ‘Senlleiras’. A través de varios textos e ilustracións recolle a historia de cinco mulleres emprendedoras que destacaron pola súa relevancia na industria téxtil da época.
Off
Hai preto dun ano, o concello de Boiro iniciaba este proxecto que a próxima tomará forma. Trátase dun roteiro da memoria polo barrio de Cimadevila a través de cinco mulleres cun destacado papel no sector téxtil.
Inserto
O proxecto foi desenvolvido por 7h cooperativa que, coa axuda do técnico de Cultura, Alberto García, e os propios veciños, foron reconstruíndo a historia destas mulleres que se plasmará agora nun mural denominado ‘Senlleiras de Cimadevila’, composto por texto e ilustracións.
Inserto
A pesar das dificultades que supuxo a investigación ó carecer de fontes ou mesmo de imaxes reais das súas protagonistas, as súas autoras destacaron que foi un proxecto moi bonito e enriquecedor que agardan tamén lle guste á veciñanza.
Inserto
Estará rematado antes do próximo mércores día 8 para conmemorar o Día da Muller.