Martín aposta pola transparencia e a participación a través dun ‘censo dixital’

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/18/telmo_sanxenxo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/18/telmo_sanxenxo.mp4{/flowplayer} 

 

SANXENXO> Transparencia e participación parece que serán dúas das palabras que máis escoitaremos na campaña para as eleccións municipais. O Partido Popular de Sanxenxo tamén inclúe estes dous principios no seu programa electoral. Telmo Martín aposta pola creación dun censo dixital que permita aos veciños votar e opinar sobre os diferentes proxectos do concello.

Un goberno eficaz, transparente e no que participen todos os veciños. Estas son as ideas que marcan o proxecto de goberno de Telmo Martín para Sanxenxo.

Entre estas promesas, figura a de render contas de cada euro que gaste o concello. Tamén a de escoitar a opinión dos veciños. Para este goberno máis transparente, recorrerán a internet.

Estes serán dous piares do programa, que coñeceremos en profundidade o 30 de abril. Un documento que, segundo Martín, reflectirá moitas das conclusións saídas dos seus encontros con asociacións e colectivos do concello.

Recuperar a confianza no concello tamén será outro dos obxectivos do candidato popular.

Para coñecer os nomes que o acompañará entes camiño, haberá que agardar a mediados do mes de abril. Na lista veremos caras coñecidas, aínda que Martín sinalou que, entre os 600 afiliados populares en Sanxenxo, hai boa bancada para constituír un goberno.

Telmo Martín é un dos candidatos no que o Partido Popular confiou para lograr o seu obxectivo o 24 de maio: revalidar as 62 vitorias conseguidas na provincia. Está previsto que mañá en Pontevedra a formación presente de xeito conxunto a todos os candidatos.