O concello de Ribeira renova a pasarela de madeira do paseo de Coroso

RIBEIRA> O concello de Ribeira iniciou os traballos de renovación do treito final do paso de Coroso. A pasarela de madeira ampliarase ata dous metros e medio de ancho para mellorar a accesibilidade e facilitar o tránsito de peóns.

O treito final do paseo de Coroso será renovado integramente ante o mal estado que presentaban as táboas de madeira. Trátase dunha pasarela de aproximadamente medio quilómetro de lonxitude que verá ampliado o seu ancho ata os dous metros e medio.

A previsión inicial é que esta actuación fora executada polos alumnos do obradoiro de emprego Tahume VI pero non foi posible iniciala antes de que rematase a acción formativa.

Finalmente foi adxudicada á empresa Zona de Obras O Rosal, quen ten previsto finalizar a actuación nas próximas semanas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí