O PSOE de Boiro presenta unha lista renovada e plural

    BOIRO> O PSOE de Boiro presentou a candidatura coa que concorrerá ós vindeiros comicios de maio. Destaca o carácter plural e renovado da lista de nomes que acompañarán a Maneiro na carreira pola alcaldía. José Luís Ruíz Laíño e Eva Rivero ocuparán o segundo e o terceiro posto da candidatura dos socialistas boirenses, encabezada por Manuel Maneiro. Nesta nova etapa, o PSOE boirense apostou pola total renovación mantendo tan só de anteriores etapas a Natalia Laíño que pecha a lista de titulares. A transparencia e a mellora da xestión dos recursos económicos son as dúas premisas das que partirá o seu programa electoral co que pretende recuperar a confianza do electorado para construír un Boiro máis puxante. Destaca tamén o carácter social da súa proposta electoral para posicionarse do lado dos máis favorecidos nestes tempos de crise.

    Comments are closed.