LOUSAME> O BNG de Lousame denuncia a falla de información por parte do goberno municipal en relación co convenio asinado con Green Capital Energy para a construción dunha nova subestación eléctrica.
O anuncio da sinatura dun convenio ente o concello de Lousame e a compañía Green Capital Energy suscitou as críticas da oposición por non ter sido informados dunha operación con tan importante repercusión para o concello.
Ademais de solicitar unha copia do convenio, dende o BNG demandan información sobre as zonas de afectación dos parques eólicos e da futura subestación.
Ante o xeito de proceder do goberno lousamián, contrapoñen o modelo desenvolvido en Mazaricos no que o concello informou a tódalas entidade e veciñais e comunidades de montes que conseguiron unha maior dotación no Fondo de compensación ambiental.