Confinados pero teletraballando

BOIRO> Esta mañá mantivemos unha charla virtual co alcalde e o tenente de alcalde de Boiro. Os dous atópanse confinados nos seus domicilios despois de ter un contacto estreito cunha persoa que deu positivo por covid. Aínda que deron negativo na PCR, deben manterse illados, seguindo os protocolos das autoridades sanitarias.

O alcalde, José Ramón Romero, di atoparse ben. A PCR que lle realizaron deu negativo. Aínda así debe permanecer confinado na súa casa, pois o virus pode tardar varios días en desenvolverse. O mesmo acontece co tenende de alcalde. Joé Luís Ruíz. Tanto el coma o rexedor tiveron contacto estreito a pasada semana cun positivo de covid o que lles obrigou a confinarse.

A pesar de estar confinados nos seus domicilio, o seu ritmo de traballo non para, realizando as tarefas diarias a través de reunións virtuais e videoconferencias.

Dende a casa, o rexedor aproveitou tamén para facer un chamamento á veciñanza do Concello. Aínda que o ritmo de contaxios no municipio non é dos máis elevados, sinala que deben de seguir tomándose as máximas precaucións posibles, apelando á responsabilidade.

E mentres agardan por un novo test, deberán seguir durante uns días alomenos cos protocolos sanitarios. Iso si, na medida das súas posibilidades teletraballando. O volume e o ritmo de traballo diario no Concello non pode parar.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí