Muros pide un obradoiro conxunto con Carnota para o emprego xuvenil

    MUROS> Un ano máis o concello de Muros volve quedar fóra da convocatoria de obradoiros de emprego. Por cuarto ano consecutivo, a Consellería de Traballo denegou a solicitude conxunta de Muros e Carnota para as especialidades de socorrismo e limpeza de espazos abertos e instalacións industriais. O concello de Muros volveu solicitar un obradoiro conxunto con Carnota. Sen embargo, polo momento a Consellería só concedeu na comarca os obradoiros a Outes, Ribeira e Porto do Son. A alcaldesa insta á Consellería de Traballo a apostar pola comarca muradá, moi castigada polo desemprego, sobre todo xuvenil. Trátase ademais de dúas especialidades con gran demanda que se traduciría nun índice moi alto de inserción laboral. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/06/solicitudeobradoiroempregomuros0604151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/06/solicitudeobradoiroempregomuros060415.mp4{/flowplayer}