PONTEVEDRA> Todo preparado no barrio pontevedrés de Monteporreiro para acoller a terceira edición da súa Carreira Pedestre Gran Premio UNED. A proba é a segunda no calendario do Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra, e contará con preto de 600 atletas inscritos que correrán o circuíto de 8 quilómetros este domingo.
Este domingo, preto de 600 atletas percorrerán o barrio de Monteporreiro. Será no marco da carreira pedestre Gran Premio UNED, que con esta previsión dobraría o número de corredores que participaron o ano pasado.
Esta é a segunda no calendario do Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra. Unha aposta do concello que está a coller máis pulo cada ano.
O Gran Premio UNED manterá o percorrido das edicións anteriores con saída e chegada no Mirador ás 12 do mediodía, completando un circuíto de 8 quilómetros. Como novidade, inclúese unha meta volante na primeira volta á altura da gasolineira, para un premio sorpresa.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/07/carreira_monteporreiro.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/07/carreira_monteporreiro.mp4{/flowplayer}