O que non se viu do Pleno de Investidura da Deputación

PONTEVEDRA> Centos de persoas reuníronse esta mañá no Pazo Provincial para asistir ao Pleno de Investidura. Entre eles, case todos os concelleiros da provincia. E se algo nos deixa este acto son momentos para recordar. Entre eles a emoción de Carmela Silva ao ser reelixida como Presidenta.

Esta foi a frase máis repetida esta mañá no Pazo Provincial, aínda que as versións foron moi diferentes. Os deputados do PSOE e do BNG optaron por prometer.

Mentres que os do PP decidiron xurar.

Ademais, ningún nacionalista esqueceuse de facer unha referencia a Galicia.

Pero se algo nos deixa este Pleno, máis aló de formalismos, é a emoción coa que Carmela Silva foi investida como Presidenta.

E aínda que os micrófonos e a voz case non deixan falar a máis de un..

Ao final todos os deputados puideron desfrutar dun Pleno que reflectiu o que será a base dos vindeiros 4 anos na Deputación, que son os intereses dos veciños.