Un barco do Grove atopa o cadáver dun home flotando na zona de Rons

Aparece no mar o cadáver dun home preto do Faro das Pedras, no Grove. Atoupouno a embarcación Novo Monte, un pequeno bote que traballa na captura do polbo, arredor das dúas da tarde. Ó parecer a tripulación atopábase faenando na zona de Rons cando avistou o corpo flotando nunha zona próxima a unhas bateas. Os tres mariñeiros que viaxaban a bordo deron aviso ós servizos de emerxencias e ata o lugar desprazouse unha lancha da Garda Civil coa que trasladaron o cadáver ata o porto do Corgo. Segundo un grupo de visitantes que se achegou á zona, trataríase dun turista, varón de 73 anos de idade e veciño de León. O por que chegou ó mar aínda se descoñece. A Garda Civil investiga o caso.