Os albergues reabren as súas portas cun estrito protocolo de seguridade e cun aforo dun terzo

PONTEVEDRA> Tras a apertura da fronteira terrestre entre España e  Portugal, os albergues volven a poñerse en marcha. O de Pontevedra volveu a abrir hoxe as súas portas cun estrito protocolo. Co obxectivo de dar a coñecer as medidas implantadas, o aloxamento fixo un pequeno simulacro.

Todos os peregrinos que se aloxen neste albergue pontevedrés deberán seguir a partir de hoxe un estrito protocolo de seguridade. Ao chegar, todos os visitantes pasarán por este filtro. Aquí serán identificados, daráselles unha bolsa para que garden as súas pertenzas e, a continuación, un traballador do albergue tomaralles a temperatura. No caso de presentar algún síntoma, avisarase á Xunta de Galicia.

Se o peregrino non presenta ningún síntoma, este poderá acceder ao interior do albergue e rexistrarse.

Nos dormitorios, o albergue tivo que reducir o aforo a un terzo, pasando de 72 camas a 22. Ademais, os peregrinos soamente poderán durmir nas de abaixo e usarán as superiores para deixar as súas pertenzas.

En canto ás zonas comúns, cada peregrino deberá desinfectar os elementos que use.

Con todas estas medidas implantadas, este albergue quere converterse nun lugar seguro para todos os peregrinos. Sen embargo, as expectativas para os vindeiros meses non son moi positivas.

No albergue haberá dispensadores de xel hidroalcólico e será obrigatorio o uso da máscara.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí