Zona Aberta sortea 500 euros en compras para celebrar o Día da Nai

    VILAGARCÍA> Zona Aberta xa ten todo preparado para a campaña do Día da Nai, unha das máis importantes do ano para o pequeno comercio. Para conmemorar esta efeméride, que este ano se celebra o día 3 de maio, a asociación sorteará un vale de 500 euros de compra. Tamén fará entrega dunha cesta de produtos para bebés á primeira muller que dea a luz nese día no Hospital do Salnés.

     

    Como xa fixera cos pais, agora Zona Aberta quere acordarse das nais. A asociación de comerciantes prepara xa a súa campaña para o Día da Nai, que se celebra o 3 de maio.

    O sorteo celebrarase o día 4, e a gañadora farase cun vale de 500 euros para gastar en establecementos asociados.

    Tampouco faltará este ano a xa tradicional cesta con produtos para bebé de Zona Aberta. A asociación entregará  este agasallo á primeira muller que da a luz o Día da Nai no Hospital do Salnés.

    A cesta, que se merca nun dos establecementos de Zona Aberta, está valorada en 300 euros.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/16/zona_aberta_nai.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/16/zona_aberta_nai.mp4{/flowplayer}