Semana Santa de Vilgarcía Basket Cup

VILAGARCÍA> Semana Santa de Baloncesto en Vilagarcía. Este ano disputarase a XXIV edición da Vilagarcía Basket Cup. Dende o 18 ó 20 de abril máis de 900 deportistas daranse cita na capital arousá.

A Semana Santa non se entende en Vilagarcía sen a Vilagarcía Basket Cup. O Club de Baloncesto da vila organiza a XXIV  edición do torneo coa colaboración do Concello e da Fundación de Deportes.

O campionato reunirá a 82 equipos de toda Galicia pero tamén de Asturias, País Vasco e por primeira vez un equipo catalán, o Tortosa. En total serán 900 xogadores e disputaranse 140 partidos nas diferentes instalacións de baloncesto de Vilagarcía.

A organización espera superar os 2500 espectadores o que, unido ós participantes, suporá unha gran ocupación hoteleira en Vilagarcía.

A competición comezará o xoves 18 as 10:00 horas da mañá e tanto ese día como o seguinte disputaranse máis de 12 horas seguidas de baloncesto. O sábado 20 será o peche ó redor das dúas da tarde.