Jesús López aposta polo asociacionismo como base da política local

    VILAGARCÍA> Tamén coñecemos xa os nomes cos que Esquerda Unida pelexará pola alcaldía de Vilagarcía. O Salón García encheuse onte para ver a este equipo, encabezado polo traballador de Lantero Jesús López.

    Metade caras novas e metade vellos coñecidos, a intención do alcaldable é devolver o goberno da vila aos veciños. Por iso, López apostou polo asociacionismo como base da política local, tanto o veciñal como o económico. María Mosquera como número dous e Celia Iglesias como tres, serán as que aporten sabia nova aos cinco primeiros postos, que completan Juan Fajardo no terceiro lugar e Ramón Bueno no quinto. Dos vinteun nomes que compoñen a candidatura, once xa formaban parte da lista que concorreu nas eleccións do 2011.