RIBADUMIA> A gastronomía e a música daranse cita o vindeiro domingo na terceira romaría da música de Ribadumia. Un total de 7 agrupacións xunto coa banda de música da vila, organizadora do evento, actuarán na Carballeira a partir das 12 do medio día. A xornada inclúe postos de comida, inchables e actividades para os máis pequenos.
A música regresará o vindeiro domingo a Ribadumia coa celebración da terceira romaría da música. A banda da vila organiza un evento na Carballeira no que participarán outras 7 agrupacións. Será unha xornada con música de todos os estilos.
A romaría está pensada para que a veciñanza goce dun día completo de música e bo ambiente na Carballeira de Ribadumia. Por iso a xornada inclúe postos de comida e actividades para os máis pequenos.
O evento tamén servirá para celebrar o 25 aniversario da banda de Ribadumia.
Dende o concello poñen en valor a importancia de celebrar un evento cultural deste calibre na vila e agradecen o traballo da banda municipal.
A organización pola súa banda quixo agradecer o traballo de todas as organizacións que colaboran para facer a romaría posible. A música comezará a partir das 12 do medio día











