Porto do Son súmase á rede galega de Parques sen Fume

PORTO DO SON> O concello de Porto do Son vén de adherirse á rede galega de parques sen fume. Súmase así ós outros 7 municipios da provincia e ós 18 en toda Galicia que participan neste programa que busca promover hábitos de vida saudable.

O delegado territorial da Xunta na provincia da Coruña desprazouse ata Porto do Son acompañado da Directora Xeral de Saúde Pública para presentar a Rede Galega de Espazos sen Fume á que se vén de sumar o municipio sonense.

O concello reafirma así a súa aposta polos hábitos de vida saudables, iniciada xa hai uns anos coa adhesión á rede galega de praias sen fume da que forman parte os sete areais sonenses.

O obxectivo destas campañas é sensibilizar á poboación sobre a necesidade de avanzar cara unha sociedade sen tabaco ó tempo que se respectan os espazos públicos e o medio ambiente.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí