O Plaza, O Galeón, Pik by Xoanes e o Guadalupe gañas o Certame de Tapas de Barbanza Arousa

RIBEIRA> A Mancomunidade Barbanza Arousa entregou ós premios ós catro gañadores da Ruta Máis que Tapas. Nesta novena edición participaron máis de 30 locais estaleiros que puxeron en circulación nove mil tapas.

O Café Plaza de Ribeira, O Galeón da Pobra, o Pik by Xoanes de Boiro e o Guadalupe de Rianxo fixéronse cos premios da ruta Máis que Tapas Barbanza Arousa. Esta iniciativa, desenvolvida durante os meses de outubro e novembro nos catro concellos, ten por obxectivo desestacionalizar a oferta turística ó tempo que se poñen en valor os produtos gastronómicos da comarca.

O éxito foi rotundo cunhas nove mil tapas vendidas que xeraron uns corenta mil euros de facturacións, incluíndo as consumicións.

Ademais da degustación de tapas, a iniciativa tivo unha gran presenza en redes grazas á colaboración de divulgadores e influencers locais que multiplicaron o impacto desta ruta.