O executivo muradán proxecta a construción dun parque a carón da escola infantil de Tal

MUROS> O Concello negocia co Arcebispado de Santiago a cesión ou venda dun terreo nunha zona próxima ó colexio para así poder dar resposta a unha vella demanda dos veciños desta parroquia. Nesta parcela situada a carón da escola infantil de Tal é na que o Concello pretende construir un parque de xogos para os rapaces. Trátase dunha vella demanda, tanto da comunidade educativa do colexio como tamón dos propios veciños da parroquia, ó non dispoñer no lugar dun parque infantil. O goberno local cursou xa unha primeira solicitude ó Arcebispado para conseguir a cesión ou venda do terreo, obtendo deste a negativa por reposta. Ante esta situación ten intención de volver a solicitala para tratar de chegar a un entendemento coa Igrexa.