O executivo ribeirense inicia o acondicionamento dos camiños do parque de Abesadas

    RIBEIRA> Operarios da empresa Alberto Pérez Sampedro comezaron esta mañá os traballos de acondicionamento das vías e zonas de tránsito existentes no parque de Abesadas, coa finalidade de evitar que se realicen empozamentos, algo bastante habitual na tempada de chuvia. O importe da acción ascende a máis de 31 mil euros e o prazo de execución será de dous meses.