Os Servizos de Emerxencias de Vilagarcía reciben ó ano máis de 50 falsas alarmas

VILAGARCÍA> O Servizo do 112 de Vilagarcía recibe cada no preto de 50 falsas alarmas. O perigo destes casos é que se produza unha emerxencia real noutra zona e non chegar a tempo. Este fin de semana producíronse dous casos, un deles por unha churrascada nun edificio.

Dotación do Servizo Municipal de Emerxencias, Bombeiros do Salnés, Policía Local e o 061 desprazáronse onte á noite á rúa Aquilino Iglesias por unha alerta de incendio nun edificio. A falsa alarma foi provocada por unha churrascada.

No caso de protección civil, esta non foi a única falsa alamar que recibiron esta fin de semana.

Francisco Busto calcula que cada ano se producen algo máis de 50 falsas alarmas.

O problema destas chamadas, atópase na posibilidade de desatender unha situación de emerxencia real por acudir a unha falsa alarma.

As saídas por chamadas mal intencionadas son escasas ó longo do ano. Isto é grazas ó labor que dende o 112 fan para analizar as emerxencias.