Francisco Pérez, reelixido presidente de Noia Histórica por unanimidade

    NOIA> Francisco Pérez seguirá á fronte de Noia Histórica durante os dous vindeiros anos. Os socios da patronal apoiaron por unanimidade a súa candidatura, a única presentada, na asemblea extraordinaria celebrada a pasada noite. A nova xunta directiva queda conformada do seguinte xeito, como vicepresidente Pablo Hermo, de secretaria actuará Yanira Somoza e de tesoureiro Francisco García. Ademais como vogais foron elixidos Ana Petisco, Óscar Agraso e Alfonso balderrábano. Con anterioridade á asemblea extraordinaria celebrouse unha sesión ordinaria para a presentación das contas do pasado exercicio que tamén foron aprobadas co respaldo unánime dos asociados.