Porto-Muíños, Dinahosting e OpSeeker, galardoadas cos Premios PEL da Deputación

A CORUÑA> As empresas Opseeker Tech, Porto Muíños e DinaHosting foron distinguidas cos premios PEL da Deputación da Coruña. Estes galardóns pretenden recoñecer as mellores iniciativas empresariais da provincia. Por segundo ano consecutivo, a Deputación da Coruña convoca os Premios PEL ás Mellores Iniciativas Empresarias da Coruña que pretenden ser un estímulo ós proxectos innovadores que desenvolven os máis de cen mil emprendedores da provincia. O premio á mellor iniciativa empresarial nova recaeu sobre Opseeker Tech, unha empresa radicada en Ames dedicada ó asesoramento finaceiro. A Mellor Iniciativa Empresarial Consolidada foi para Porto-Muíños, unha empresa familiar de Cerceda cunha longa traxectoria no eido da transformación e comercialización de algas.No que respecta ó galardón á mellor iniciativa empresarial socialmente responsable recaeu sobre DinaHosting S.L, empresa dedicada á xestión do aloxamento e dominios web con sede en Santiago. A pesar da diversidade de campos nos que traballan as tres premiadas, contan cun nexo común que as define: a gran capacidade de innovación e a aposta pola calidade. Cada un dos premiados recibiu un premio en metálico de vinte e cinco mil euros un diploma e un trofeo de olería de Buño. Foron distinguidos entre as setenta e oito candidaturas presentadas nesta segunda edición dos Premios Pel que promove a Deputación da Coruña.