A avoa de Rianxo cumpre 109 anos

    aboaderianxo_100_220207.jpgRIANXO > Nada máis e nada menos que 109 anos cumpriu a avoa de Rianxo na súa casa de Ourolo en Taragoña.

    A pesar de que leva encamada dous anos, Pilar Fernández Sobradelo, goza aínda dunha saúde de ferro e tan só toma pastillas para favorece-lo rego sanguíneo. O concello de Rianxo aproveitou esta data sinalada para render homenaxe á súa veciña máis lonxeva.

    Estes ollos viron pasar por diante cento nove anos de vida nos que se sucederon algúns dos feitos máis significativos da nosa historia. Pilar Fernández Sobradelo, celebrou o día 22 de febreiro o seu cumpreanos, rodeada da súa familia e coa visita dos representantes do concello que quixeron acompañala nesta data tan especial.

    aboaderianxo_200_220207.jpgEn presenza do alcalde, Pedro Piñeiro, e as edís Marisa Resúa e Mari Carmen Figueira, a homenaxeada fixo un repaso da súa longa vida. Unha vida chea de contratempos, na que Pilar lembra especialmente os duros traballos que tivo que soportar para sacar adiante á súa filla cando o seu home, como moitos outros galegos, decidiu emigrar a Bos Aires. A pesar dos longos anos de espera, non voltou xamais.

    Saúde envexable

    Cos cento nove cumpridos, Pilar vive rodeada dunha gran familia pois, aínda que só tivo unha filla, na actualidade ten catro netos, nove bisnetos e dez tataranetos. Goza dunha saúde envexable e dende sempre lle gustou dar paseos, afección que seguiu practicando ata hai dous anos cando o paso do tempo a obrigou a permanecer encamada.

    A aboa de Rianxo seguirá a ver pasa-lo tempo dende a súa casa de Ourolo, na parroquia rianxeira de Taragoña. Un tempo moi distinto ó que a veu nacer o 22 de febreiro de 1898; aló polo século XIX.

    Redacción Barbanza