Fole si coñecía os plans dos propietarios para o futuro da parcela de Megasa

    VILAGARCÍA> Tomás Fole si coñecía as intencións dos propietarios dos terreos de Megasa de instalar unha superficie comercial. Os socialistas fixeron hoxe público un documento no que a secretaria dá conta dun Consello da Xerencia de Urbanismo que abordou un informe do arquitecto xefe da oficina técnica en relación ao Estudo de Detalle da parcela das Carolinas. Indica que o estudo pretende axustas as edificacións para crear un complexo formado por supermercado e unha serie de locais pequenos. O documento data do 30 de maio de 2013, e está asinado polo rexedor vilagarcián.

     

    O PSOE vilagarcián deu hoxe unha volta máis á polémica sobre o futuro da finca de Megasa. A formación fixo público un documento asinado polo alcalde no que se recolle que o arquitecto xefe informou da intención dos propietarios de instalar unha área comercial.

    O documento data do 30 de maio de 2013, e foi expedido pola secretaria municipal e asinado por ela e polo alcalde. Os socialistas tamén sacaron á luz un plano do proxecto de derrube, asinado polo arquitecto e a propiedade, que deseña os volumes desta nova área comercial.

    O candidato socialista acusou a Tomás Fole de ocultar información e de intentar embarrar a campaña electoral. Onte o alcalde reprochaba a Varela que, como asesor xurídico do concello dera luz verde a un proxecto contra o que protestaba despois como político.

    Varela insistiu en que esta situación podería evitarse de terse revisado o PXOM, algo que Fole non fixo nos seus catro anos de mandato. 

    Sobre se hai posibilidades de frear este proxecto na parcela das Carolinas, o candidato socialista comprometeuse a facer todo o posible.

    Para Varela, a construción de centros comerciais ás aforas das cidades provoca o peche de comercios, ademais de desertizar o casco urbano.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/07/psoe_megasa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/07/psoe_megasa.mp4{/flowplayer}