García Dieguez: ‘As caprichadas do alcalde están levando ó Concello á ruína’

BOIRO> O PP de Boiro foi moi crítico co equipo de goberno encabezado polo socialista José Ramón Romero, ó que acusou de falla de xestión.

O portavoz municipal, Fernando García Diéguez, puxo como exemplo a situación vivida neste último pleno, ó que o goberno local levou a aprobación dun suplemento de crédito de 891 mil euros para o pago de facturas pendentes dende primeiros deste ano.

Diéguez foi máis alá e mesmo acusou ó actual goberno municipal de levar ó Concello á ruína, por autenticas caprichadas.

Para o PP a situación económica do Concello é xa insostible, cunha débeda próxima xa ós catro millóns de euros, polo que lle esixe unha racionalización do gasto.

O voceiro popular tamén afeou ó equipo de goberno que durante o mandato, a piques de cumprirse xa o cuarto ano, tan só fora quen de sacar adiante un só presuposto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí