Fole promete un ‘cheque bebé’ de 250 euros para facilitar a conciliación familiar

    VILAGARCÍA> Vilagarcía terá o seu propio ‘cheque bebé’ se segue gobernando o Partido Popular. O alcaldable e actual rexedor Tomás Fole comprometeuse esta mañá a apoiar as familias cunha achega de 250 euros por nacemento. Cantidade que actuará como complemento ao Plan de Dinamización Demográfica da Xunta.

    Nun encontro con pais e nais vilagarciáns, Tomás Fole esgrimiu as súas propostas en materia de conciliación. A máis chamativa é o compromiso do popular de crear un ‘cheque bebé’ municipal: as familias recibirán 250 euros por nacemento.

    Esta achega será un complemento ao Plan de Dinamización Demográfica da Xunta. Dende esta administración destacan o bo traballo do alcalde popular, un entendemento que escenificaron esta fin de semana.

    Arroupado por Rueda e Louzán, Tomás Fole fixo balance dos seus catro anos de goberno. O actual rexedor informou de que á súa chegada o concello contaba cun déficit de 4,5 millóns de euros, unha débeda per cápita de 820 euros e máis de 28 mil recibos prescritos. 

    Fole asegurou que o seu goberno afrontou os catro anos máis duros da crise económica, e insistiu en que as persoas foron a súa prioridade.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/11/pp_balance_goberno_villa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/11/pp_balance_goberno_villa.mp4{/flowplayer}

     

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí