Os comuneiros de Vilagarcía recuperan 55 hectáreas de monte para evitar incendios forestais

VILAGARCÍA>  Os comuneiros de Vilagarcía seguen a recupera-los montes que rodean a cidade. No que vai de ano actuaron en 55 das súas 1.300 hectáreas, coa plantación de especies autóctonas e o desbroce e limpeza das terras. Estes traballos desenvolvéronse no marco dun proxecto de prevención de incendios forestais, a través dunha axuda municipal.

Este é só un exemplo da recuperación do monte en Vilagarcía. As nove comunidades de Montes que hai no concello traballan na súa posta en valor coa fin de evita-los incendios forestais.  No último ano actuaron en 55 hectáreas de monte comunal que hai no municipio.  Ademais de varias plantacións de especies autóctonas, como carballos e castiñeiros, tamén se levaron a cabo varias limpezas, podas e desbroces.

As actuacións leváronse a cabo a través dunha axuda Municipal. Este ano superou os 83.000 euros.  Dende o Concello salientan que estes traballos son unha boa ferramenta para evita-los incendios.

Salienta tamén a coordinación entre os comuneiros e a administración para recupera-los montes.

O Concelleiro avanza que nos orzamentos do ano 2020 contemplarase tamén unha partida para dar continuidade ó proxecto forestal dos comuneiros, algo que eles celebran.

No concello de Vilagarcía hai 1.300 hectáreas de monte comunal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí