Alberto García aposta pola continuidade e os ‘independentes’

    CATOIRA> O candidato á alcaldía polo PSOE, Alberto García, presentou ás 16 persoas que o acompañarán na lista para poder seguir gobernando o municipio. Poucas novidades con respecto á que propuxera nos anteriores comicios. Segundo García, nas pasadas municipais xa se fixera unha renovación profunda da lista, co que nesta ocasión recuncan moitos dos nomes de entón, e as caras novas, na súa meirande parte, son independentes. A candidatura por tanto, queda como segue. De número dous vai Natividad Busto, seguida de Carlos Castaño, María Teresa Buceta, Ramón Bouzas, Purificación Quintáns, Salvador Losada, Alberto Loureiro, Lorena Coira e Belén Bouzón.