Vilagarcía inaugura Expoferta con rebaixas de ata o 70%

VILAGARCIA> Dende o momento da apertura, numerosos veciños xa se achegaron a coñecer as ofertas do comercio de Vilagarcía. Para os negocios é unha oportunidade de poder vender aqueles produtos que teñen en stock. As expectativas dos comerciantes son moi boas.

A feira de oportunidades de Vilagarcía, Expoferta, regresou este ano coa súa décimo terceira edición. Dende o momento da apertura, foron varios os veciños que se achegaron ao recinto para coñecer as ofertas dos comercios de Zona Aberta. Para os comerciantes a feira é unha oportunidade vital para vender aqueles produtos que teñen en stock.

As expectativas dos comerciantes son moi boas despois dun ano sen poder realizar a feira. E a súa oferta é moi variada e sempre con calidade.

E todo moi rebaixado.

Os primeiros clientes que se achegaron á expoferta comentaron a súa satisfacción coas súas compras e coa feira.

A feira estará aberta de durante toda a fin de semana en horario de mañá de 11 a 2 e media e de tarde de 7 a 11.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí