O PSdeG de Pontevedra pide a Núñez Feijóo que deixe de desmantelar servizos públicos

PONTEVEDRA> O Secretario Xeral do PSdeG en Pontevedra esixe a Núñez Feijoo que deixe de desmantelar servizos públicos e que traballe a favor dos cidadáns. Con palabras coma estas, e acompañado dos representantes e voceiros dos concellos da provincia, Santos Héctor entregaba hoxe na Xunta de Galicia case un cento de accións concretas na provincia que deberían ser asumidas e executadas polo goberno autonómico.

 

O Secretario Xeral provincial do PSdeG achegábase hoxe ata o edificio da Xunta de Galicia en Pontevedra para entregar alí unha serie de propostas concretas das que entende se debería facer cargo o Partido Popular. 

Para Santos Héctor os concellos garanten servizos que non poden nin deben soportar economicamente e demanda á Xunta de Galicia que active políticas reais e actuacións concretas de mellora de atención aos cidadáns.

As peticións que fixo chegar á Xunta esta mañá na compaña dos representantes e voceiros dos concellos da provincia centráronse na mellora de infraestruturas educativas, sanitarias e viarias. Entre elas a reforma do ximnasio do CEIP de Rubiáns, a ampliación co Centro de Saúde de Cambados e a construción dun na Illa de Arousa, o desdobramento Pontevedra-Vilagarcía e a seguridade viaria da PO-531 de Barro ou a segunda fase do polígono industrial de O Pousadoiro.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/26/psoe_xunta_feijoo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/26/psoe_xunta_feijoo.mp4{/flowplayer}