BOIRO> A Garda Civil investigou a unha veciña de Boiro por un delito de maltrato animal. Está acusada de envelenar ó seu propio can.
As imaxes son especialmente cruentas. Foron tomadas polos propios axentes do Servizo de Protección da Natureza, o Seprona, e nelas obsérvase ó can, dunha raza potencialmente perigosa atado a unha árbore cunha cadea sen colar, convulsionando e sen poder manterse de pé.
Ó seu carón, os axentes atoparon unha tixola empregada coma comedeiro que contiña unha substancia granulada de cor verde-azulada, posiblemente veleno de ratos.
Ante esta situación, e vendo o estado no que se atopaba o animal, os axentes instaron á propietaria a levalo a un centro veterinario, pero esta negouse en reiteradas ocasións, polo que foron eles os encargados de trasladar igualmente ó can para o seu tratamento.
Pese os esforzos do veterinario, esa noite o animal faleceu.
No informe sobre as causas da morte sinalaba que posiblemente se deberán a unha inxestión de gran cantidade de tóxico.
As analíticas posteriores realizadas tanto a substancia atopada no estómago do can como tamén á do comedeiro coincidían.
Por esta razón a Garda Civil procedeu a abrir unha investigación á dona do animal acusada dun presunto delito de maltrato de animais domésticos con resultado de morte.