Ribeira homenaxea ós deportistas do Club Kempo

RIBEIRA> O salón de plenos do Concello acollía este mediodía a recepción oficial a unha delegación do Club Kempo Barbanza.

O alcalde, Luís Pérez Barral, acompañado do edil de deportes, Xabier Vidal, e a concelleira Tania Redondo, foron os encargados de recibir ós deportistas e felicitalos polos bos resultados acadados nos Campionatos Nacional e Mundial celebrados recentemente.

Dende o Club, agradeceron o recibimento tributado dende o Concello, un feito que os move a seguir traballando e esforzarse.

O acto rematou coa tradicional foto de familia no salón de plenos.