A POBRA> A oitava edición do Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro xa ten gañador. O xurado, reunido esta mañá no concello da Pobra, elixiu por unanimidade a obra ‘A nena Pingüín’ de Daniel Landesa.
A deliberación do xurado da oitava edición do Premio Carlos Mosteiro que convoca o concello da Pobra apenas tomou uns minutos posto que tódolos membros coincidiron na calidade literaria da obra gañadora. Nena Pinguín foi elixida por unanimidade entre as 35 propostas presentadas.
Ademais da calidade narrativa, o xurado valorou a forma de abordar o tema central da novela dende un punto de vista distinto fuxindo do sentimentalismo
O premio está dotado con tres mil euros así como a publicación da novela na colección Árbore da Editorial Galaxia. A entrega farase no mes de maio nun acto con escolares coincidindo coa saída da publicación.











