Vilagarcía ampliará o servizo de VaiBike con once novas estacións e 81 bicicletas, seis delas adaptadas

VILAGARCIA> Vilagarcía ampliará o servizo de VaiBike con 11 novas estacións situadas por todo o municipio. O número de bicicletas dispoñibles ampliarase ata as 81. A gran novidade é que 6 delas será adaptadas para as persoas con mobilidade reducida.

O concello de Vilagarcía continúa co obxectivo de converter o municipio nunha vila sostible, eficiente e segura. Dende Ravella apostan por un modelo de cidade que dea prioridade aos peóns e aos medios de trasporte máis saudables. Traballando neste obxectivo, o concello ampliará o servizo de VaiBike con 11 novas estacións.

A vila contará con 16 estacións e ampliará tamén as bicicletas ata as 81. Serán uns vehículos seguros e cómodos para o seu goce.

Outra das novidades deste proxecto de ampliación é a adquisición de 6 bicicletas adaptables para as persoas con mobilidade reducida.

A adquisición das bicicletas adaptadas foi posible grazas á colaboración con centros da vila como Bata e Amencer. O proxecto sairá a licitación a vindeira semana cun orzamento de 178 mil euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí