Mar estudará porto a porto as posibilidades da pesca deportiva

RIBEIRA> Pescadores deportivos de Ribeira reúnen máis de 600 sinaturas  para lograr que se flexibilicen as limitacións á súa actividade nas zonas portuarias. Mantiveron unha xuntanza co alcalde, Manuel Ruíz, para obter a súa mediación ante a Administración Autonómica.

O alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz, mantivo unha xuntanza no Concello cunha representación de practicantes de pesca deportiva do municipio, preocupados polo que entenden excesivas limitacións para o desenvolvemento desta actividade de ocio nas zonas portuarias.

Os usuarios trasladáronlle ó rexedor que entenden a necesidade de que os traballadores profesionais exerzan o seu labor sen ningún tipo de obstáculo, máis consideran que se deben flexibilizar as restricións establecidas á hora de levar a cabo unha actividade que non ten ánimo de lucro e goza dun alto número de usuarios, sobre todo entre a mocidade e entre as persoas xubiladas.

Ademais entregáronlle máis de 600 sinaturas recollidas nas últimas semanas.

Dende a Xunta insisten na necesidade de regular esta práctica ó existir incompatibilidades entre o desenvolvemento dunha actividade profesional e outra que non o é.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí