RIANXO> A pesar da fonda crise que azouta ó sector marisqueiro, o traballo non para, e os pósitos continúan a traballar de cara a mellorar a produtividade das súas concesións.
É o caso da Confraría de Pescadores de Rianxo que segue a realizar labores de rexeneración e limpeza dos seus bancos marisqueiros.
Estas actuacións teñen coma principal finalidade ter as praias nas mellores condicións de cara a futuras campañas extractivas.
Á baixa produtividade, hai que engadirlle tamén o problema do furtivismo, que continúa.
Segundo o patrón maior rianxeiro, os ilegais seguen a acceder ós areais con total impunidade.
Miguel Ángel Iglesias insiste en que a consellería do Mar debe meter man dunha vez neste problema, pois sabe, de sobra, o destino dese marisco extraído de forma ilegal das praias.











