Corenta veciños de Sanxenxo beneficiáronse dos servizos gratuítos do programa de coidados porta a porta

SANXENXO> O programa de coidados porta a porta da Xunta de Galicia beneficiou en tres meses a 10.000 persoas de 150 concellos galegos. Son os datos que hoxe presentou a conselleira de Política Social durante a súa visita a Sanxenxo. Fabiola García achegouse ata unha unidade móbil deste servizo situada no municipio, que xa atendeu 40 veciños.

Corenta veciños de Sanxenxo xa se beneficiaron do programa de coidados porta a porta posto en marcha dende a Xunta de Galicia. Hai tres meses que o goberno autonómico retomou este servizo.

Esta mañá, a conselleira de Política Social visitou a unidade móbil que está no concello de Sanxenxo dende o pasado luns. Continuará no municipio ata o venres, ofrecendo atención gratuíta en audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria aos maiores de 55 anos.

Oito unidades móbiles deste servizo percorren todo o territorio galego. En tres meses atenderon a 10.000 persoas de 150 concellos. Na provincia de Pontevedra beneficiáronse deste programa 2700 pacientes de 37 municipios.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí