NOIA> O concello de Noia está a executar importantes melloras no núcleo de Pontenafonso, situado na parroquia de Santa María de Roo. Ademais da construción dunha área recreativa, estanse a tramitar os permisos para unha nova depuradora. Nos últimos días xa se iniciaron os traballos para a construción dun parque infantil, servizo do que carecía ata o momento este núcleo de poboación. A nova instalación emprazarase nun antigo miradoiro que actualmente xa non estaba en servizo dado ó seu avanzado deterioro. Instalarase un peche dada a súa proximidade á estrada autonómica. O parque contará con cinco xogos e pavimento adaptado. Conectarase a través dunha senda peonil cun núcleo de vivendas para garantir unha maior seguridade.Esta non será a única mellora que se acometerá en Pontenafonso, onde está proxectada a construción dunha nova depuradora. O investimento total destas actuacións, moi demandadas polos veciños, ascende a cento cincuenta mil euros.
Inicio NOIA