A Mancomunidade promociona O Salnés mirando cara o mar

MADRID> O mar centrou o paso por FITUR da Mancomunidade do Salnés. A náutica e a oferta deportiva ou cultural son os principais reclamos cos que o organismo comarcal pretende captar novo visitantes. Con todo, un dos principais retos da Mancomunidade segue a se-la conquista do mercado internacional, co turista ruso e chinés no punto de mira.

O Salnés ábrese ó mar… e ó mundo enteiro. A Mancomunidade presentou en FITUR unha oferta turística ampla, na que o mar e o auténtico protagonista.

Con esta estratexia, o ente comarcal busca conquista-lo sector turístico. Unha conquista que tamén se consegue pola gastronomía, a paisxase e a diversidade de ofertas de lecer e servizos para o visitante.

Dende a Mancomunidade entenden que o segredo do éxito do Salnés pasa pola diversificación da oferta. Agora, un dos grandes retos de futuro é a súa implantación nos mercados internacionais, un proxecto no que a Mancomunidade leva anos traballando.

A desestacionalización é outros dos retos do Salnés, outro obxectivo que centra boa parte dos esforzos do organismo comarcal.