Rey obtén a maioría absoluta trala decisión da Xunta Electoral de validar dous votos nulos

    CALDAS> A cinco días das eleccións municipais, o alcalde de Caldas faise coa maioría absoluta. Finalmente, a Xunta Electoral aceptou por unanimidade a reclamación presentada polo Partido Socialista pola anulación de dúas papeletas, suficientes para outorgar a maioría a Juan Manuel Rey.

     

    Por unanimidade a Xunta Electoral decidiu dar por boa a reclamación do Partido Socialista. Dúas papeletas que o domingo foran declaradas nulas serán finalmente contabilizadas, o que cambia o escenario político caldense: grazas a elas, Juan Manuel Rey conta con maioría absoluta.

    Os socialistas argumentaron que, a pesares de que ambas papeletas aparecían cortadas por debaixo dos nomes da candidatura do PSOE, o voto é lexible. Iso si, a decisión da Xunta Electoral aínda non é definitiva, xa que pode presentarse apelación.

    De confirmarse esta maioría absoluta, o Partido Socialista acadaría o seu sétimo concelleiro, deixando ao Partido Popular con tres. O resto da corporación estaría formada por dous edís de Independentes de Caldas e un do BNG.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/29/caldas_maioria_absoluta.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/29/caldas_maioria_absoluta.mp4{/flowplayer}