O IES de Vilalonga ensina aos seus escolares como actuar ante unha evacuación dun autobús

VILALONGA> O IES de Vilalonga ensina ao seu alumnado e profesorado como actuar ante unha evacuación dun autobús. O instituto de Sanxenxo realizou un simulacro de fuxida en caso dun problema de gravidade. Máis de 60 alumnos participaron na actividade.

Cada día en tódolos concellos da contorna cóntase por miles o número de alumnos que se trasladan aos centros educativos en autobús. Para prever ao alumnado ante un posible problema deste vehículo, o IES de Vilalonga realizou unha actividade na que explicou aos seus escolares e profesores os métodos de actuación.

A actividade dividiuse en dúas partes. A primeira consistiu nunha charla na que se lles explicaba ao alumnado os sistemas de emerxencia e o protocolo de evacuación.

A charla tamén sirve para ensinar aos profesores o procedemento que teñen que seguir nunha evacuación.

A outra parte da xornada realizouse de forma práctica dentro do autobús.

No simulacro participaron os 60 alumnos de primeiro de ESO. A actividade vense facendo no centro dende fai anos. Nos próximos meses é posible que se repita cos alumnos de terceiro da ESO.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí