Denuncian a presenza de ratas no centro de Boiro

BOIRO> Veciños de Boiro denuncian a proliferación de ratas en varios puntos do casco urbano. Sospeitan que a presenza destes roedores pode estar relacionada co descenso da produción de lixo que supón o principal alimento desta especie. De aí que comecen a saír dos seus agochos na procura de comida.

Dende o concello entenden que se trata de casos illados posto que non recibiron ningunha queixa veciñal nin avisos relacionados coa presenza de ratas. Dende o departamento de Medio Ambiente indicaron que o concello desenvolve un plan anual de desratización, actuando cada mes en diferentes zonas do municipio. Hai tan só quince días produciuse unha intervención na zona de Boiro de Arriba e Espiñeira.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí